A Peña Deportivista de Vilalba celebrará o 10º aniversario da Liga cunha cea-baile

A Peña Deportivista de Vilalba celebrará o 10º aniversario da Liga cunha cea-baile

14 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os bos tempos voltarán á memoria dos deportivistas vilalbeses. A pesar de que os triunfos de antano non son tan lustrosos e os primeiros postos da táboa son para outros, a Peña Deportivista de Vilalba non quere esquecer que son un dos nove equipos que gañaron algunha vez a Liga Española e que, xunto con dúas Copas do Rei e dúas Supercopas, dan brillo ao salón de trofeos do Estadio de Riazor. Para recordar o décimo aniversario do Campionat

O lugar escollido será o Restaurante A Nova Ruta e contará coa música en directo do dúo Xanela. O menú será pescada rechea de marisco, solombo de porco ibérico, sobremesa variada e como viños haberá Godello e Mencía. O prezo será de 25 euros.

Sociedade