ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Un partido que culmina unha temporada perfecta”. Así resume o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo, o último partido do seu equipo que acabou con goleada das de Fene na Coruña. Silva 1-5 Maniños. Tres goles de Lorena, que acabou de terceira no ranking de goleadoras cun total de 25 tantos, e dous de Cristina puxeron un brillante peche á temporada do Maniños.
“Balance de 10. Traballaron moi ben, competiron ao máximo nivel todo o ano, estou moi contento con elas, tanto a nivel futbolístico como a nivel de equipo e persoal”, balance da temporada de Juanjo Iñiguez. Logo da goleada do domingo, o Maniños pecha a Liga en oitava posición, con 36 puntos. “Fomos moi superiores”, di da última vitoria e felicita ao Galicia de Caranza, o mellor clasificado de Ferrolterra. Sen apenas tempo para descansar, a próxima fin de semana toca xogar a fase de ascenso. No sorteo quedaron emparelladas co Carballeda CF da provincia de Ourense
Publica o teu comentario agora