Peche indefinido dos dous traballadores de Montaxes Cabral

Peche indefinido dos dous traballadores de Montaxes Cabral

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os dous traballadores de Montaxes Cabral pecharonse este mediodía e indefinidamente na Casa do concello de Fene. Se antes do mércores non teñen solucionado o seu problema, tanto Juan Fernandez como José Becerra, poñeránse en folga de fame.

É unha nova maneira de seguir reclamando a sua reinserción na empresa de orixe, Montaxes Cabral, ou en Navantia Fene onde traballaron durante 34 anos. Levan tres meses e medio na rua, sen cobrar un salario e, segundo nos fala un dos afectados, Juan Fernandez, as cousas siguen igual que ao principio. 

Juan Fernandez agradece todos os xestos solidarios, entre eles o pronunciamento do último pleno fenés, pero queren ver un resultado á inxusticia que se cometeu con eles ao quedar, por razóns de idade fora da empresa e fora do estaleiro, mentras vían como prexubilaban ao resto dos compañeiros.

Os que foron compañeiros deles, hoxe prexubilados, amosan a sua solidaridade con eles, mantendo dende as 12 desta mañán outros peches de 24 horas, en diferentes concellos da comarca.  

Sociedade