Pediulle baile en Roma

Pediulle baile en Roma
26 de Maio, 2022 - 12:29 h. | Publicada por Radio Fene

Un fillo de Afonso XIII pediulle baile en Roma a María Casares. Ela estaba rodando unha película na capital de Italia. A Santiago Casares Quiroga divertiulle a situación. “Ao rei expulsámolo, si, pero logo nós, tamén fomos expulsados. Dous exiliados ao fin” comentou con ironía. Casares Quiroga nunca se amargou nin amargou aos demais polos contratempos ou polas desgrazas. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

O podcast María Casares Eu son do océano pódese escoitar todos os dias ás nove da mañá e as nove da noite na sintonía de Radio Fene. Tamén en radiofusion.gal

Na imaxe, Cristina Moreira, que fai o papel de María Casares no podcast producido por Son Radiofusión.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora