ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha exposición sobre o pintor ferrolán Fernando Alvarez de Sotomayor prepara a Fundacion Barrié na Coruña para o mes de outubro. A mostra consta de 75 obras, pinturas na súa maioría, e de fotografías e documentos. Estrutúrase segundo un percorrido cronolóxico que dará conta da súa primeira etapa, a máis diversa nas súas formulacións e os seus temas, os cadros realizados en Chile a partir de 1908, o triunfo dos temas de costumes e do retrato elegante na segunda década do século, a profundización neses temas na terceira, e a evolución posterior nos anos trinta e despois do golpe de estado de xullo de 1936.

Comida de voda en Bergantiños de Alvarez de Sotomayor é un cadro, pedra angular da pintura galega para o profesor Sanchez Cantón. Fixou neste lenzo aspectos imperecedoiros de Galicia: xentes, cousas, sentido de fogar, alegría mansa e san que brota co benestar sen codicias, do vivir conforme. É monumento que a nosa terra debia rescatar a calquera prezo. A poesía do arte repousa sobre a prosa da vida doméstica e material. O espectáculo da gran cociña, a fermosa activiidades da leña, as roxas meixelas das rapazas entretidas en retozar como ninfas cun sátiro. Sotomayor pintou ese cadro en 1917. Na obra conxuganse felizmente as búsquedas pictóricas do artista coa expresión da vida tradicional galega.
A exposición da Barrié conta co comisariado de Javier Barón, xefe da Colección de Pintura do Século XIX do Museo do Prado, cuxa ampla dedicación á pintura desta época incluíu o estudo de varias obras do artista en diferentes coleccións institucionais, e coa colaboración do Dr. Pedro Martínez Plaza, conservador do mesmo Museo. No proxecto expositivo inclúense numerosas obras procedentes do Museo Nacional do Prado e dos herdeiros do artista, e varias do Museo de Belas Artes e o Banco do Estado de Chile; o Museo de Belas Artes de Pontevedra, A Coruña, Asturias e Xaén; o Museu Nacional d"Art de Catalunya; a Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais; o Congreso dos Deputados; o Consulado de Bordeus; a Embaixada de España en Roma; a Fundación Casa de Alba; a Colección BBVA, as Deputacións da Coruña e de Guadalaxara; e a propia Fundación Barrié, a máis diso outras institucións e numerosas coleccións particulares. O catálogo, amplamente ilustrado, dará conta a través dun texto introductorio do comisario da personalidade artística de Fernando Álvarez de Sotomayor. Ademais, estudarase especificamente cada unha das obras presentes na exposición. Ademais de organizar unha conferencia inaugural, a cargo do comisario da exposición, a Fundación porá en marcha visitas guiadas e talleres didácticos dirixidos a centros de ensino de toda Galicia.
Fotografia Xan Xe
Peixeira da dársena de A Coruña. Oleo/lenzo/cartón. Colección particular.
Sotomayor de calle Real (2005) Concello de Ferrol. Fundación Caixa Galicia
Publica o teu comentario agora