Pedras que falan

Pedras que falan
10 de Marzo, 2023 - 11:51 h. | Publicada por Radio Fene

Galicia é relativamente nova, “se a comparamos coa vida do planeta, 4.600 millóns de anos, a idade das rochas máis antigas de Galicia non acadarían nin os 600 millóns. Temos un territorio non moi antigo pero si dos máis antigos da Península Ibérica”, informou en declaracións a Radio Fene o doutor en Xeoloxía Fran Canosa, que interveu este xoves no ciclo Contando Ciencia

 

ESCOITA O PODCAST:

“Galicia é moi variada desde o punto xeolóxico. As serras do Xurés e da Lastra, en  Ourense, ou a Mariña lucense, coa praia das Catedrais, son lugares representativos desa riqueza xeolóxica”, indicou. Tamén a zona do Ortegal, “unha das zonas de maior interese xeolóxico que lle valerá, sen dúbida a distinción como Xeoparque da UNESCO”.  “O seu interese reside en que son materiais moi pouco habituais na superficie da terra, dado que se formaron a grandes profundidades. Sabemos que nalgún caso estas rochas se formaron a máis de cen quilómetros de profundidade e, loxicamente, atopalas na superficie da terra é algo excepcional”. “As rochas son as testemuñas do que pasou hai centos ou milleiros de anos no lugar no que vivimos”, concluíu Fran Canosa. Pronunciou a conferencia “Galicia, un paraíso xeolóxico” no ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene

Sociedade

Publica o teu comentario agora