ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A produtora de Pedro Almodóvar púxose en contacto cos propietarios do cine Adriano de Barallobre para contrastar a posibilidade de utilizar o edificio para a rodaxe dunha película. Tamén grupos musicais amosaron o seu interese para usar a emblemática sala na gravación dos seus videoclips.
A familia reitera tamén a súa vocación para rehabilitar e darlle utilidade ao antigo cinematógrafo inaugurado en 1947. O interese da produtora El Deseo por Barallobre xurdiu hai aproximadamente 3 ou 4 meses. Entraron en contacto cos herdeiros do construtor da Casa da Maleta, para estudar a posibilidade de rodar neste edificio indiano parte da película "La piel que habito". Non houbo acordo e finalmente Pedro Almodóvar renunciou a esa posibilidade, pero a familia de Antonio Fernández Fernández ofreceulle alternativamente a utilización do vello cine Adriano como "plató". Almodóvar comezou a rodaxe desta longametraxe protagonizada por Antonio Banderas a finais do pasado mes de agosto, en Santiago de Compostela e no Pazo de Oca (A Estrada). O equipo trasladouse logo a Toledo e finalizará o seu traballo en Madrid. Ten unha duración prevista de 11 semanas polo que xa semella pouco probable que o premiado director manchego utilice nesta ocasión o cine Adriano. A sala terá que esperar por novos proxectos cinematográficos.