ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Sen gandaría non habería país” rezaba unha das pancartas que os produtores lácteos sacaron á rúa, xunto cos tractores, nas mobilizacións na defensa do seu sector. Ese lema reivindicativo sérvelle a Pedro Benavente para resumir a importancia que ten a vaca na historia de Galicia. El coñece esa relevancia de primeira man posto que, xunto a Xesús Ferro, traballou durante 20 anos na
“A paisaxe e a riqueza de Galicia ao longo dos séculos débeselle ao gando vacún”, defendeu Pedro Benavente nos micrófonos de Radiofusión. Na actualidade, malia a crise do rural, segue vixente a definición de Manuel Rivas e o noso continúa a ser o “país do millón de vacas”. Porén, a gran maioría delas pertencen a grandes explotacións. “Nos últimos 10 anos pecharon o 80% das cortes de menos de 10 exemplares”, apunta Benavente, quen, á marxe das consideracións económicas, apunta tamén unha perda da riqueza léxica: “Corre perigo a tradición de bautizar as vacas”.
O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún compila 12.000 entradas léxicas relacionadas con este animal, así como 5.000 frases e máis de 1.300 elementos da tradición oral.