Pedro Guerra actua na Coruña

Pedro Guerra actua na Coruña

14 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O artista canario interpreta por primeira vez só con guitarra cancións maxistrais do repertorio latinoamericano e español nun concerto exclusivo para socios da FNAC no establecemento da Praza de Lugo. Presenta o seu disco Alma Mía no que incluie versións clásicas do cancioneiro hispano e latinoamericano con tangos, boleros, rancheras e copla.

A Fnac vístese de festa para celebrar unha noite moi especial á que todos os socios e socias están convidados. Tras o peche do establecemento no seu horario habitual, Fnac A Coruña reabre as súas portas ás 22:30 horas só para os seus socios nunha velada moi especial na que haberá obsequios, sorteos, e promocións e descontos especiais.

Como colofón a esta noite de festa, a programación do fórum non podía ser menos especial: tras a apertura de portas, os asistentes poderán gozar da única actuación por agora confirmada que o soado cantautor Pedro Guerra ofrecerá en Coruña, para presentar en exclusiva o seu último traballo discográfico Alma Mía, que saíu á venda o pasado 22 de setembro.

Sociedade