ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Museo de Caldoval, en Mugardos, permítenos coñecer aspectos da vida na comarca durante a época romana. Do que alí se pode ver e das interesantes actividades que organizan nese espazo museístico deu detalles en Radio Fene a técnica en Turismo Estefanía Purriños.
O Centro de Interpretación de Caldoval mostra desde 2014 parte dos achados da época romana que saíron á luz ao facer as obras de construción da regasificadora, lembrou Estefanía Purriños. Atopouse daquela un importante xacemento, unha posible Vila Romana do século I d. C con baños domésticos. Pedra a pedra foron trasladadas 12.500 pezas para reconstruír e musealizar Balneum doméstico, o baño, e a Palestra, a zona de ximnasio. Os restos arqueolóxicos do Museo están situados aproximadamente na mesma cota na que estaban na súa orixe, á que accedemos mediante unha rampla descendente. A especialista en Turismo aconsella unha visita a este museo que ofrece de balde a posibilidade de coñecer un anaco da nosa Historia e tamén ten un programa de actividades e obradoiros para nenos e nenas.
Publica o teu comentario agora