A pegada de Torrente Ballester

A pegada de Torrente Ballester

14 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ignacio Martínez de Pisón, Luisa Castro e Carlos Reigosa son tres dos nomes que poden presumir de ter no seu haber o “Premio de Narrativa Torrente Ballester”. Un galardón instituído no ano 1988. Outro punto en común dos tres escritores é as ganas por alzarse con este recoñecemento polo que implica para eles o autor de ‘La Saga/Fuga de J.B’. Martínez de Pisón acadouno en 1991 coa novela ‘Nuevo plano de l

Para Martínez de Pisón, recente gañador do premio ‘San Clemente”á mellor novela castelá con ‘Dentes de leite’, conseguir o Torrente Ballester en vida  do autor de Serantes supuxo todo un privilexio. A raíz daí xurdiu unha amizade entre eles. “Estábame iniciando no mundo da escrita. El sempre estaba a miña disposición. Recomendábame lecturas, charlábamos dos meus libros, nunca quería falar dos del. Abriume un camiño na miña visión da literatura”, afirma o escritor zaragozano.

“Con Torrente Ballester adentreime cando nena na literatura galega. Para min supuxo todo un fito e un decubrimento que o ferrolán lera en voz alta as súas reflexións diante dun magnetófono e desde ese intre sempre quixen gañar o premio que leva o seu nome”, explica Luisa Castro. Por casualidade, a través dun neto do autor de ‘Los gozos y las sombras’, a de Foz coñeceuno de perto. Fíxolle unha entrevista no ano 90 e no transcurso da mesma díxolle que era moi nena para escribir, que aínda non tiña nada que contar. Alentabáa para loitar contras as críticas literarias e a “nadar contracorrente” como el fixera. “Sei que se alegraría que eu gañara o seu premio”, sinalou Castro. 

“No primeiro contacto con Torrente, na sua casa da Ramallosa, empezoume a cantar tangos, quedei desconcertado”, narra Carlos Reigosa. “Ao día seguinte tiñamos concertada unha charla e pediume brevedade. A miña osadía, propia da xuventude, levoume a contradecilo e comezaron as descalificacións e a súa particular ironía. Non comezamos con bó pé pero logo descubrín un Torrente que me impactou”, explica o xornalista e escritor galego. Destaca tamén a súa personalidade fascinante. “Torrente asegurábame que non entendía o rebumbio producido por ‘La Saga/Fuga de J.B.' Non se leron tantos exemplares como se di. Como moito chegaron á páxina 50 e abandonaron o libro por ser un “tostón”. Para entender o libro hai que facer un esforzo', dicía.  

O vindeiro mércores, 17 de novembro, coñecerase o gañador da XXII Premio de Narrativa Torrente Ballester. Un galardón que cobra este ano máis relevancia ao coincidir co centenario do escritor ferrolán.

Cultura