ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Barallobre ten moi adiantado o proxecto de venda directa ao público das capturas de peixe. Neste mesmo mes abrirá a súa propia peixería. É un dos proxectos dos que falou en Radio Fene o patrón maior, Jorge López.

A Confraría de Pescadores de Barallobre comercializará directamente as capturas de peixe a partir do día 17 de abril. Nesa data vai inaugurar a súa propia peixería. Estes días a Confraría ten outra noticia positiva, porque finalizou con resultados positivos a actuación de sementa de ostra plana no marco do proxecto “Rexeneración de Bancos Naturais de Ostra Plana” financiado por fondos europeos.
O patrón maior tamén fixo balance das campañas de marisqueo da navalla e o ourizo e da realizada na ría de Sada e falou da situación da vieira, que non se pode capturar de momento polos altos niveis de toxina detectados nas analíticas. Detallou ademais os proxectos previstos para mellorar as infraestruturas da Confraría Santiago Apóstolo.
Publica o teu comentario agora