ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Peixería Fene” foi a experiencia de comunicación de guerrilla que o alumnado do IES de Fene escolleu para participar na iniciativa “People & Planet: un destino común”.
Unha peixería que, lonxe de achegarnos pescadas e robalizas, ofrecía a un público asombrado “capturas” recollidas polo alumnado nas praias do Concello, lixo, plásticos, restos contaminantes que forman parte da degradación do medio mariño, ese gran pulmón que sustenta a vida na terra.
Un acto reivindicativo para defender a importancia do auga como un Dereito Humano fundamental e sobre a súa vinculación coa sustentabilidade, levado adiante polo alumnado de 4º da ESO do IES de Fene, participantes activos das actividades planificadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dentro do proxecto “People & Planet: un destino común” ten como obxectivo concienciar ás mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para convertelos en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.
O modelo escollido para esta reivindicación é a utilización de técnicas da comunicación de guerrilla para deseñar e poñer en marcha “accións de rúa” que, a través do enxeño e a creatividade, realicen actos que provoquen unha reflexión na cidadanía.
A importancia de que cada un de nós sexa axente de cambio, transmitido a través dunha xeración que, seguramente, están máis concienciados e queren evitar o desastre climático que lles imos entregar en herdanza.
Porque incuso aquí, no país da auga, temos que ser conscientes de que o acceso ao líquido elemento é un dereito humano fundamental.
Publica o teu comentario agora