ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A directora de cine, catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela e membro da RAG, Margarita Ledo está traballando na creación dunha película localizada en Fene, tal e como explica en Radiofusión.
Logo de producir a película Nación, que tivo unha acollida extraordinaria por parte da crítica, xurde un novo proxecto. “Un proxecto que é na área de Fene e Ferrol. É a primeira vez que eu traballo tan ao norte nos meus filmes. É un proxecto que me trae da cabeza porque vai ser complexo. Vai ser un filme que me represente como autora e agardo que tamén represente ao cinema galego”, afirma Margarita Ledo. A cineasta de Castro de Rei cre que dende hai un par de décadas houbo un xiro no modo de ver o cinema. “É un bo momento porque se fai todo tipo de obra, hai moita diversidade e cine con mirada feminina, a grande aportación dos últimos anos”, destaca a tamén directora de Santa Liberdade.
Na imaxe, Margarita Ledo en Radio Fene.
Publica o teu comentario agora