Pel de curtido vexetal

Pel de curtido vexetal
09 de Febreiro, 2022 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

“Partimos de pel de curtido vexetal sen cor, e elaboramos a peza, xogando co deseño e incluíndo o gravado, a decoración personalizada, con cosido, cor e acabados finais” salienta o artesán do coiro Rubén de Romariz. Empezou facendo carteiras personalizadas pero logo foise a bolsos e mochilas. Tamén traballa bixutería e xoiería.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

O coiro é impermeable á auga, extremadamente sólido pero moi flexible, con gran plasticidade. É moi versátil e se pode facer con el unha gran variedade de obxectos. Ten perfís en facebook e en instagram, vai inaugurar tenda en Internet no enderezo obradoirodocoiro.com e da clases na asociación O Pote de Maniños con xente de dez a setenta anos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora