ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non puido puntuar o Perlío B este domingo nos Pinares. Avanzada a segunda metade, o Bribes marcou o gol que lle daría a vitoria nun partido marcado polas baixas no Perlío B.. Terceira Futgal, xornada vixésimo terceira Perlío B 0-1 Bribes.
“Tiñamos ata dez baixas no equipo, tiramos de xuvenís e presentamos o plantel que tiñamos que ofrecía garantías”. Malia todo o Perlío B pelexou o domingo contra un equipo moi agresivo, explicou o adestrador Gonzalo Beceiro. “Comezou superigualado, eles son moi fortes e agresivos, nós aportando forza sen deixarnos intimidar e pelexando ata o final”. Foron varios os xogadores do Perlío B mancados antes e durante o encontro.
Publica o teu comentario agora