ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un partido bastante parello no que faltou sorte. O Maniños feminino perdeu a ocasión de puntuar no último partido do ano. Maniños 0-2 Eirís. Comentamos o encontro coa capitana do equipo, Cris Silvar, que aproveitou para felicitar as festas a todo o equipo e para darlle os parabéns polo seu aniversario a Manuela.

“Un partido moi igualado, viñamos de puntuar nos dous últimos, con confianza en sacar algo positivo no noso campo cun rival da nosa liga, pero non puido ser”, indica Cris Silvar. Tiveron máis sorte as rivais nun partido no que caeu o campo quedou afectado pola caída de saraiba. No Maniños hai confianza en que estes días de descanso axuden a repoñer forzas, recuperar xogadoras lesionadas e afrontar con enerxía renovada o novo ano. O primeiro compromiso, en xaneiro, será de Copa, contra o Val B, antes de retomar a competición ligueira. “O ano está sendo duro pero seguimos pelexando cada partido”, destaca a capitana.
Publica o teu comentario agora