ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Maniños feminino loita por manter a categoría. Este domingo perdeu 0-3 no campo do Pote contra o Cee. Afortunadamente, tampouco puntuaron o resto de equipos da zona baixa da táboa. Comentamos o partido co adestrador, Xurxo Rodríguez.

“Foi un partido bastante trabado, sobre todo na primeira metade”, apunta o técnico. “No xogo estabamos bastante parellos na primeira parte, no segundo tempo tivemos que facer dous trocos por lesións de Cris e Laura e xa tiveron máis ocasións de gol”, explica. Confía en que as dúas lesionadas poidan xogar a próxima xornada, a penúltima contra o San Lázaro. “Para nós é importantísimo, intentaremos ir con todas as forzas para procurar gañar alá”.
Publica o teu comentario agora