Pelexar polo máximo

Pelexar polo máximo
27 de Agosto, 2019 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Achégase unha nova tempada de fútbol para o Perlío. A pasada fin de semana celebrouse o trofeo industriais. No caso do Perlío foron os primeiros minutos da pretempada. Gañou ante o Mandiá pero caeu na final co Eume. O seu adestrador, Chechu Piñeiro, analizou o papel do equipo.

ESCOITA O PODCAST:

O clube conta con novas caras para este curso. Comezando por Iago, procedente do Val. Zurdo e con moita calidade que aportará moitas solucións na parte ofensiva. Raúl do San Sadurniño, xogador defensivo que pode adaptarse a todas as posicións desa liña. E Alexis, quen aínda non puido incorporarse aos adestramentos. Tamén contan con 4 rapaces a proba e 2 reforzos procedentes dos xuvenís, Simón e Miguel Leira, ambos xogadores defensivos.

Con este plantel o Perlío afrontará esta tempada na segunda Galicia de fútbol co obxectivo de pelexar polo máximo. O clube comezará a competición o domingo día 8 de setembro na copa, fronte o Capela. E a liga o domingo día 15 co Numancia. Ambos partidos no campo dos Pinares.

Deportes

Publica o teu comentario agora