ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Colleitou un punto este domingo o Maniños feminino. Nun partido sen goles contra o Brexo Lema disputado no campo do Pote. “Non foi moi bonito de ver”, recoñece o adestrador do Maniños, Xurxo Rodríguez.

“O vento dificultaba o control da pelota, tanto elas como nós tivemos moitas imprecisións”, sinala o míster do Maniños feminino. Na parte positiva, o compromiso do equipo. “As nosas xogadoras fixeron un esforzo impresionante ata o final”, un partido no que se lesionou Andrea na metade da primeira parte. “Necesitamos reforzos en ataque, sobre todo, porque estamos moi limitadas”, destaca o técnico.
Publica o teu comentario agora