ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Pensade en marzo de 1972”. Díxolle iso o fotógrafo Xurxo Lobato aos 30 protagonistas do movemento obreiro antes de sacarlle as fotos incluidas na exposición ao ar libre que onte á tarde se inaugurou na praza 10 de marzo de San Valentin. A mostra “Rostros da memoria. Ferrol 1972” está organizada pola Mancomunidade de Municipios da comarca coa colaboración de Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Sen artificios lumínicos, Lobato logra captar a experiencia acumulada polos activistas.
O alcalde de Fene Juventino Trigo destacou a débeda das institucións para coas persoas que se comprometeron de xeito activo na loita pola democracia. Sari Alabau referiuse no acto ás importantes redes de apoio e solidariedade tecidas a partir do 10 de marzo de 1972. A escritora Ánxela Loureiro e o historiador Lourenzo Fernández Prieto colaboraron con sendos textos explicativos daquela época.
Fotografía: César Galdo
Publica o teu comentario agora