Pensamento crítico

Pensamento crítico
19 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Quererse a un mesmo e ser feliz ata parecen contraditorios”. A traballadora social experta en igualdade Paula Paz reflexiona sobre a “happycracia”, esa corrente cultural que defende un concepto utópico e pouco realista da felicidade.

ESCOITA O PODCAST:

“Para querernos hai que desmontar as crenzas limitantes da sociedade e familia”, di Paula, que recomenda manter sempre o espírito crítico. “As mulleres estamos criadas nun contexto dirixido a coidar aos demais, non para querernos”. Nesa dirección van as mensaxes que recibimos desde nenas. E iso choca coa “happycracia”. As redes sociais, como Instagram e TikTok aumentan esa presión. Parece que todo o mundo está ben. É irreal. “saes da rede social e falas coa xente e ves que están mal”, explica.

Sociedade

Publica o teu comentario agora