ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Martes 10 de marzo do 2009. Ferrol lembra os sucesos de 1972. As once da mañá comezaron as ofrendas no monumento ás victimas do 10 de marzo, na Avenida das Pias. O alcalde da cidade Vicente Irisarri e o secretario xeral de Comisións Obreiras Ignacio Fernández Toxo participaron no primeiro dos actos ás once desta mañá.
Irisarri, acompañado da corporación municipal. depositou un ramo de rosas vermellas diante do monumento construido por Xoan Braxe no lugar no que caeron Amador Rey e Daniel Niebla hai 37 anos. Acompañados por dirixentes de Comisións Obreiras, da UXT e da USTG e por arredor de 200 traballadores insistiron na necesidade de manter as prestacións sociais nestes tempos de crise económica. Irisarri lembrou na única intervención desta mañán, a Daniel e Amador que deron a vida pola conquista das liberdades e dos dereitos laborais. Vixente está aínda, afirmou o alcalde ferrolán, a loita polo pleno emprego, polos contratos dignos, pola eliminación dos accidentes laborais ou a conquista da igualdade nos convenios colectivos. Irisarri centrou as suas palabras esta mañán sobretodo na crise económica e na necesidade das políticas laborais e cercanas pensadas para os veciños e veciñas que están formando cola nas oficinas de emprego.