ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Preparativos do Nadal en Fene. Xa foi instalada a carón do Concello a árbore de Nadal composta de pezas de croché feitas polas mulleres do gancho. Persoal municipal colocou tamén os adornos feitos especialmente por nenos e nenas de Fene para o abeto. A alcaldesa, Sandra Permui, informou en Radio Fene da marcha dos preparativos.

O alumeado de Nadal acenderase o venres, día 5, ás seis da tarde. A alcaldesa convidou a veciñanza a sumarse ao acto e tamén a participar no Concurso de Decoración de Nadal convocado pola Concellería de Promoción Económica que este ano incorpora unha nova modalidade, a de escaparatismo dirixida a comercios e establecementos de hostalaría.
Para que cativada e maiores gocen do ocio hai previstos numerosos actos culturais e unha variada oferta deportiva. Sandra Permui destacou que se favorece a conciliación familiar con actividades como o Campanadal. Este mércores abriu o prazo de inscrición para o Campanadal e para os cursiños de patinaxe da programación da Concellería de Deportes. As actividades organizadas pola Concellería de Cultura inclúen contos, teatro, música e danza. Hai variedade de actos que se celebrarán na Casa da Cultura e tamén nas sociedades.
Publica o teu comentario agora