Pensando no porvir

Pensando no porvir
17 de Xuño, 2026 - 01:31 h. | Publicada por Radio Fene

Malia as dificultades derivadas da escaseza de xogadoras e as lesións, o Maniños feminino logrou na tempada recen finalizada o obxectivo de manter a categoría. Conseguiuno pero o que non hai garantido é o futuro do equipo. Conversamos en Radio Fene co adestrador Xurxo Rodríguez e as xogadoras Cris Rodríguez Silvar, Laura Montero e Manuela Bermúdez.

ESCOITA O PODCAST:

Evitaron o descenso do Maniños feminino esta tempada da Segunda División Galega pero hai pendente unha xuntanza para decidir o futuro do equipo. Pesa a escaseza de efectivos da última tempada e tamén a marcha de moitas xogadoras, como a capitana Cris ou Manuela. Elas dúas, Noelia e o adestrador Xurxo Rodríguez fixeron balance da campaña 25-26 e falaron de futuro en Radio Fene. Coinciden en que a tempada fíxose longa e complicada. “Eramos pouca xente, foi difícil sacar os partidos adiante, na segunda parte notábase o cansazo”, sinala Cris, que perdeu dous meses e medio por motivos de traballo. “Unha tempada moi longa, sen cambios, fixemos como puidemos”, lembra Laura, que foi unha das lesionadas. Para Manuela “conseguir o obxectivo foi o mellor, o peor que éramos pouca xente”. 

O futuro

“Non sabemos o noso futuro, hai unha reunión pendente”, declarou o adestrador que podería volver ao fútbol sala. A decisión está tomada no caso do Cris “despois de toda a vida o corpo pídeme descanso, fisicamente xa se vai notando”. Marcha tamén Manuela por motivos de estudos “comezo o bacharelato”. Vaise contenta do vivido “a experiencia foi moi boa, o fútbol gústame e ha moi boas compañeiras”. Laura seguirá xogando “se pode ser no Maniños”.

Deportes

Publica o teu comentario agora