Pensando o mundo dende a periferia

Pensando o mundo dende a periferia

06 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

O primeiro ‘Encontro galego de nov@s pensadores’ botou a andar esta mañá na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela co obxecto de pensar que tácticas de resistencia cultural poden poñer en marcha aqueles grupos e culturas minorizadas para resistir a unha situación de colonización cultural e loitar por unha interacción máis xusta coas correntes e grupos h

Partindo da situación da filosofía desenvolverase unha reflexión máis xeral sobre que significa e como funcionan os grupos culturais e lingüísticos minoritarios na súa interacción coas correntes e linguas predominantes. As cuestións que se porán sobre a mesa deberán iniciar un debate que, partindo da discusión técnica acerca da filosofía como ámbito do saber específico, permita pensar as problemáticas ás que se enfrontan toda cultura e todo grupo social minorizados. 
A conferencia inaugural pronunciouna Paula Godinho, da Universidade Nova de Lisboa, coa intervención ‘O celtismo, entre políticas de identidade e prácticas da cultura’. Seguiulle un obradoiro dedicado a ‘Filosofía dentro e fóra da institución’ para a presentación de proxectos autónomos de pensamento en galego. O conxunto de relatorios deste tres días de congresos organízanse arredor de sete mesas redondas temáticas que abordan cuestións relacionadas coa comunidade, periferia, colonialismo cultural, empoderamento, subalternidade, minoría e precariedade. 
Cultura