Pensar diferente

Pensar diferente
27 de Outubro, 2021 - 12:28 h. | Publicada por Radio Fene

Velázquez quería pensar diferente, entendido iso non só como un desexo de singularidade e diferenciación, senón tamén como unha actitude ante as cousas que busca ir máis aló do aparente. Javier Portús, do Museo do Prado,  inaugura este xoves na Coruña un ciclo de charlas sobre o pintor sevillano.

As meninas. Diego Rodriguez de Silva e Velázquez. Museo del Prado

Esta conferencia pretende servir como pórtico a un curso no que se abordan numerosos aspectos parciais desde perspectivas diferentes. A idea é lembrar os feitos e os escenarios principais da biografía de Velázquez; as súas inquietudes persoais, económicas e sociais; os acontecementos que condicionaron o desenvolvemento da súa traxectoria; os principais estímulos artísticos que recibiu ao longo da súa carreira; a resposta que foi dando a eses estímulos, e como arraigou nel unha acusada conciencia persoal e artística. . Tamén haberá unha reflexión ao redor da documentación que coñecemos sobre o pintor e como esta condiciona a nosa visión da súa personalidade e a súa arte. Por último, aludirase aos camiños que está a seguir a investigación e ás preguntas acerca de Velázquez cuxas respostas a nosa época máis anceia conseguir. As conferencias son de entrada libre até completar aforamento e celebraranse os xoves 28 de outubro e 4, 11, 18 e 25 de novembro ás 20.00 horas na sede da Fundación Barrié na Coruña. Abre o ciclo Javier Portús. Xefe de Conservación de Pintura Española até 1800 do , Museo do Prado 

Cultura

Publica o teu comentario agora