ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O número de pensións en Galicia situouse en outubro en 752.324 o que representa un incremento do 0,5% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A pensión media nesta Comunidade Autónoma é de 751,65 euros, cun crecemento do 2% en relación co mes de outubro de 2014.
No conxunto do Estado
O conxunto do Sistema público conta hoxe con 9.335.224 pensións, que representa un incremento do 1,03% respecto ao ano pasado. Máis da metade destas prestacións, 5.666.728, son por Xubilación; 2.355.555 corresponden a Viuvez; 933.976 a Incapacidade Permanente; 339.811 a Orfandade e 39.154 a favor de Familiares.
A nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.316,57 millóns de euros o pasado 1 de outubro. O gasto para sufragar o conxunto de pensións ?máis de 9,3 millóns- aumenta un 2,94% en taxa anual, na liña dos últimos meses.
A pensión media de xubilación alcanzou os 1.024,95 euros, un 2,19% máis respecto do mesmo período do pasado ano. En canto á pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), situouse en 889,58 euros, o que supón un aumento interanual do 1,8%.
A Seguridade Social fai pública cada mes esta estatística co obxectivo de ofrecer á cidadáns información precisa sobre a evolución do número e custo das pensións do Sistema.