ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un home terá que pagarlle 40 euros á exmuller como pensión de alimentos pola mascota. A Audiencia da Provincia de Pontevedra confirmou así unha sentenza anterior dun Xulgado de Vigo. Comentamos esta rechamante sentenza que establece como se deben pagar os gastos dunha mascota tralo divorcio dunha parella coa avogada María Álvarez Real.
“Imponse unha pensión, en lugar de repartir os gastos. A sentenza é novidosa porque as partes non chegaron a un acordo e hai unha diferencia salarial entre os cónxuxes, imponse unha pensión de alimentos no lugar de repartir os gastos ao 50% que é o habitual”, explicou a letrada. A lóxica do xuíz imponse cando os afectados non son quen de poñerse de acordo. A Lei de Benestar Animal establece a repartición das cargas económicas asociadas, pero xa se estaba regulando desde hai anos o relativo a garda e custodia e cargas compartidas e hai sentenzas anteriores. “Non debera ter que vir unha Lei a establecer o que temos que facer”, defende a María, partidaria, sempre, de resolver as separacións por mutuo acordo.
Publica o teu comentario agora