A peor derrota no Barallobre

A peor derrota no Barallobre
02 de Novembro, 2026 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

"Foi a peor derrota desde que levo adestrando o Barallobre" confesa o preparador Borja Mesa. Barallobre 0 - 4 Cebarca. Segunda Futgal. A pesar do resultado abultado, o Barallobre dominou o balón e o terreo de xogo durante boa parte do encontro. O Barallobre fallou un penalty pouco antes do descanso cando o resultado era 0-2. Marcar a pena máxima puido cambiar o resultado do partido.  

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co preparador do Barallobre Borja Mesa:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/021126MESA.mp3

O Cebarca é un dos claros candidatos a rematar a Liga nos postos de arriba da clasificación.

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora