ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Resacas, físicas e morais. Son unha constante na vida dunha persoa alcohólica. Delas e da importancia de aprender a xestionar as emocións falamos en Radio Fene no espazo dedicado ao Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos.
"Nun estado de remordemento constante, tamén sen beber, porque á persoa alcohólica non lle gusta quen é, pesa máis que a resaca física”, vivía María José. “Eu tiña varias ao dia, a física non me afectaba tanto”, apunta Miguel. O alcoholismo é unha enfermidade emocional. “Non xestionamos as emocións”, di María José. “As emocións vívelas multiplicadas por mil, ti cres que a vida é así”, engade Miguel. “O 99% das cousas que pensas non son certas, os primeiros pensamentos teño que descartalos”, explica. Unha aprendizaxe que adquiren no Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos. “Coñecerse a un mesmo, ese é o programa”.
Publica o teu comentario agora