Pepiña Medias Longas

Pepiña Medias Longas
05 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Viaxa por toda Galicia Pepiña Medias Longas con artesanía feita en Fene.  Especializouse en pendentes a artesá de Lubián, en Sillobre, Lola Vilar, coa que conversamos en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Son unha muller atrevida e gústanme sempre cousas que sexan distintas”, explica a creadora da marca Pepiña Medias Longas, Lola Vilar. Acaba de estar en Arzúa, na Feira do Queixo, e volveu moi contenta do ben que lle foi. Nunhas semanas marchará a Vigo e para abril ten previsto participar na Xuntanza de Palilleiras de Fene. Os seus vistosos pendentes tamén se venden en tendas de Narón, Pontedeume, Betanzos, Cangas do Morrazo, Arzúa e agora van chegar a Santiago de Compostela.

 

Sociedade

Comentarios

É fundamental dar visibilidade ao sector artesán. Pero, como creadora, entristéceme ver propostas que se limitan a replicar o estilo e as técnicas de outros compañeiros. A verdadeira artesanía nace do esforzo por atopar unha voz propia, non de imitar a dos demais. Esta rapaza non ten respeto e menos creatividade.
Nome: 
Cristina

Boas! Pareceme incrible que esta rapaza venda a orixinalidade cando o que fai dende vai tempo é vampirizar o talento doutras artesanas e en concreto, como vexo que apuntou otra persoa, da artesana licenciada en belas artes pola facultade de Pontevedra, Patricia, creadora da firma "azulgris". A Pepiña empezou facendo neceseres o cousas de costura sen adicarse a perfeccionar tampouco o seu acabado e como viu que a bisutería da compañeira tiña tirón comercial, adicouse a fusilala nos motivos pero nos acabados fáltalle o acabado profesional que non ten porque carece da capacidade de esforzarse que demanda o oficio, as horas que aforrou a costa de ser unha imitación cutre dunha compañeira as adica a facerse autobombo nos medios. Iso xa non só fala dela como "artesana" senón que di moito máis dos seus valores como persoa. Chámame a atenciòn que nos medios non cotexen este tipo de promocións, é como se entrevistaran a un feriante que vende réplicas de "Bimba y Lola" que falase da orixinalidade e a artesanía. Incríble. Creo que este medio neste eido debería apostar pola profesionalidade e non dexaise levar polas ansias de notoriedade de alguén que cree que dicindo 100 veces unha mentira convírtese en verdade.
Nome: 
Ana

Moi Boas,primeiro de todo graciñas polo comentario,vexo que coma seguramente boa amiga da persoa que defendes,falas sabendo a sua versión,penso que che faltan cousiñas que deberías saber,en algunhas cousiñas vouche dar a razón,utilizamos a mesma técnica iso é verdade,pois coma moita xente fai,quen fai coiro, pois empezou a facelo despois doutro,a cestería igual,etc..,Mais o deseño das pezas son miñas,o acabado,pois e a tua visión ,non teño nada que dicir a todo iso.,e a tua vision.Mais faltanche datos,cando empecei a facer isto a primeira persoa que sabía que o ia facer era precisamente a persoa que nombras ,que como ben saberás,vende tamen ganchos de brincos ,madeiras,etc..E foi a primeira que veu os meus primeiros brincos feitos e en ningún momento mostrou desacordo ou a min,non mo dixo. A ela lle mercaba madeiras,ganchos de brincos etc,e ata ahí todo ben,mais un día comenzou non sei moi ben porque, o único que se dedica e a facer un acoso e derribo contra a miña persoa,coma fas ti agora.Ahhh,e non empecei coas teas,se escoitas a entrevista,falo dos meus comezos.Mais coma ben dís ,de tanto repetilo un se cré o que inventa.Un saudiño
Nome: 
Lola

Boas. A min non tes que darme explicacións, nin facer suposicions sobre a miña relación cunha colega profesional. Somentes dicir que quen non ten oficio, plaxia e en canto ó dito hai probas verificables e a xente en xeral non é parva e pode ver claramente que pretendes facer ver que o seu suposto entorno "te acosa" para victimizarte en lugar de asumir a túa responsabilidade e mala praxis. Se ti tes probas de que todo o fas antes, non deberías estar tan doente, claro que si non é así é normal que brinques. Menos vender fume e máis traballo e a poder ser, orixinal. Saudiños.
Nome: 
Ana

Publica o teu comentario agora