Pepo Suevos e Oswaldo Digón traballan a cuberto en Noia

Pepo Suevos e Oswaldo Digón traballan a cuberto en Noia

29 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Pepo Suevos e Oswaldo Digón ofrecerán esta noite en Noia o seu espectáculo de monólogos R. Pero queren traballar a cuberto e a actuación que, nun principio contábase con realizar na Praza do Tepal, trasládase agora para o pavillón Alonso Rodriguez. Comezarán ás 21,30 horas.

R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, aposta pola canteira galega do humor e convida aos seus clientes aos espectáculos dalgúns dos monologuistas máis salientables a día de hoxe en Galicia. Trátase dunha serie de actuacións humorísticas que comezaron en maio e rematan hoxe en Noia, unha das localidades de Galicia nas que R ten despregado recentemente a súa nova rede de fibra óptica. R pretende, así, arrincarlle un sorriso á xente da man destes profesionais do humor da terra e, ao tempo, darse a coñecer un anaco máis nestas poboacións nas que está a desenvolver os seus servizos avanzados de telecomunicacións.

Sociedade