Pequenas grandes accións

Pequenas grandes accións
27 de Outubro, 2022 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

Pequenas grandes accións activadoras da lingua galega nos contextos máis próximos. Criar unha comunidade de activistas lingüísticas entre a mocidade. Son algúns dos obxectivos do Laboratorio de Apoderamento Lingüístico en Ferrolterra que impulsa a cooperativa Rexenerando.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Andrea Rico, da cooperativa Rexenerando

http://173.255.131.18/audio/261022RICO.mp3

Andrea Rico en Radio Fene

Con distintas accións, propoñen a reflexión sobre os usos das linguas. Este proxecto piloto lévase a cabo con obradoiros nos Institutos Carvalho Calero, Concepción Arenal, Sofia Casanova e Punta Candieira de Cedeira. Máis do 90 por cento da rapazada indica que queren falar máis e mellor galego, segundo Andrea Rico. O Laboratorio finalizará cun acto público o mércores 29 de novembro no Torrente Ballester de Ferrol. Unha iniciativa piloto da cooperativa Rexenerando. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora