Pequenos grandes artistas

Pequenos grandes artistas
28 de Febreiro, 2025 - 01:01 h. | Publicada por Radio Fene

As familias disfrazadas acompañaron esta mañá á rapazada do Colexio Centieiras de Perlío. Foron madrugadores e as 9,30 da mañá emprenderon o seu camiño ata a Praza Ramón Souto de Fene.Acudiron ataviados con disfraces relacionados coas belas artes. Bailaron e cantaron antes de retornar ao centro educativo nunha xornada especialmente festiva.

A ANPA organizou un obradoiro de disfraces para as familias, aproveitando materiais da casa para elaboralos. Este ano viñeron caracterizados de profisións relacionadas coas artes. A letra da comparsa introduciu a ironia, o humor e as reivindicacións de máis docentes e melloras materiais para a educación.

Cultura

Publica o teu comentario agora