Pequenos hoteis acusan de competencia desleal á Igrexa e ao Concello de Santiago

Pequenos hoteis acusan de competencia desleal á Igrexa e ao Concello de Santiago

04 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Grandes perdas afrontarán moitos pequenos hoteis da comarca de Santiago de Compostela despois desta fin de semana. As axencias de viaxes e centrais de compras cancelaron nos últimos dias reservas que tiñan dende comezos de ano para as noites do venres e sábado, coincidindo coa visita do Papa Bieito XVI.  Nas cancelacións puido influir a decisión do Concello compostelán poñendo a libre e gratuita disposición dos visitantes os polideportivos

O Hotel Tamara de Negreira é un dos que se atopa nesa situación. Tiña reservadas todas as súas camas para esta fin de semana pero hai 4 dias, 2 axencias cancelaron as reservas. Quedaránse unicamente cos depósitos ou fianzas esixidas no momento da contratación. O propietario do Tamara, "Totó" Caamaño, queixase da desprotección na que se atopan nesas circunstancias. "A lexislación non establece unhas compensacións claras para a hotelería tradicional, como sí existen no sector da navegación aérea ou nas casas de turismo rural" afirma. O hotel leva rexeitando peticións de habitación para esta fin de semana dende hai varias semanas, "porque tiña todo completo, e agora quédome sen ningún cliente e coa obriga de pagar a final de mes as nóminas de 15 empregados." 

As axencias pola súa parte indican que tamén son vítimas das cancelacións. "Perdemos as fianzas e cumprimos estrictamente as condicións pactadas con cada hotel" manifestan dende a axencia Celta Travel de Cambados. 

 

Sociedade