Percebe ilegal

Percebe ilegal
11 de Agosto, 2023 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

A Garda Civil e o servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 34 Kg de percebe na costa de Ferrol 

O servizo de protección da Natureza (SEPRONA) de Pontedeume en colaboración co servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 34 Kg de percebe no Pieiro, en Ferrol. Segundo informou a Garda Civil, os feitos sucederon cando efectivos de ambos os corpos que realizaban un servizo de prevención do marisqueo observaron a varias persoas faenando na zona. Unha vez finalizada a extracción e xa en terra déronlle o alto ao vehículo onde estaba a ser transportada a mercadoría, achando no interior do maleteiro 34 Kg de percebe capturado de forma ilegal. A Garda Civil procedeu á confección de acta denuncia e ao comiso do percebe, así como das artes e medios utilizados. As capturas comisadas foron entregadas no Centro Tutelado de Menores da Xunta en Ferrol e as artes utilizadas foron depositadas en dependencias de Gardacostas de Galicia. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora