ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Édgar Vigo perdeu polos pelos. O FIA European Rally Trophy xa ten vencedor no apartado de pilotos para acompañar a Fátima Ameneiro na gala da FIA e este, non será Vigo, senón o eslovaco Martin Kysucky. Tras o abandono do campionato a falta de 2 probas dos pilotos feneses, o eslovaco só necesitaba obter un posto entre os 4 primeiros en calquera das 2 probas que quedaban por disputarse, o Rallye de Sanremo en Italia ou o Rally Lausitz en Alemaña
Na proba italiana, a dupla eslovaca abandonaba a falta de 2 tramos para o final da competición cando ocupaban a 3ª praza, a menos de 1 segundo da 2ª e co cuarto clasificado xa distanciado. Nese momento, a alegría no cuartel xeral de Scratch Fene foi maiúscula, xa que ademais de salvar unha bóla de partido, Fátima proclamábase matematicamente campioa. En Alemaña, Kysucky comezaba cun ritmo inferior ao seu habitual, coñecedor de que debía de obter un 4º posto e non era necesario loitar pola vitoria, pero un problema no 5º tramo, distanciábao da 4ª praza, situándose 5º a máis de 40 segundos. Nese momento, a alegría contida era enorme, pero aínda quedaban varios tramos para o final. Nun deles, o piloto sueco que ocupaba a 3ª posición abandonou, deixando en 4ª posición a un Kysucky que mantivo a mesma até o final. Con este resultado, o eslovaco finaliza a competición con 300 puntos, fronte aos 297 do galego.
Publica o teu comentario agora