Perdoamos e acabamos pagando

O Perlío non pasou do empate. Perlío 2 – Numancia de Ares 2
16 de Setembro, 2019 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío púxose duas veces por diante, pero o Numancia empatou no minuto 82. O equipo visitante xogou cun home menos desde o minuto 38.

ESCOITA O PODCAST:

Chechu Piñeiro non ten dúbida de que foron moi superiores, que tiveron miles de ocasións a pesar do resultado. Isma marcou o único gol da primeira parte. Poderian ter ido ao descanso con máis vantaxe pero “o que perdoa, acaba pagando” afirma Chechu Piñeiro.

O árbitro pita man e da un penalti que transforma o Numancia. Tras o empate o Perlío segue levando o peso do encontro e, tras varias ocasión, Pocho marca o segundo. Non souperon xestionar ese resultado porque nun saque de banda orixinou o definitivo gol do empate do equipo aresán. Así é que o sabor do encontro é agridoce para Chechu Piñeiro, quen se amosa contento co aspecto ofensivo do seu equipo.

Na próxima xornada o Perlío visita ao Monfero. O campo é novo, pequeno, de herba natural, deses campos nos que, se un se encerra, é difícil chegar á portería. “Sabendo iso, hai que adaptarse” conclúe o técnico fenés.

Deportes

Publica o teu comentario agora