Perfecto Conde, un heterodoxo

Perfecto Conde, un heterodoxo
01 de Febreiro, 2023 - 09:30 h. | Publicada por Radiofusión

Francisco Fernández del Riego é a figura escollida para conmemorar o dezasete de maio, Dia das Letras Galegas deste ano 2023. Hector Cajaraville, Ramón Nicolás e Perfecto Conde asinan sendos libros en torno ao escritor que ven de publicar Edicións Xerais. Malores Villanueva publica tamén unha biografía en Galaxia subtitulada “Un loitador pola idea de Galicia”.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Perfecto Conde sobre o seu libro en torno a Francisco Fernández del Riego http://173.255.131.18/audio/200123CONDE.mp3

Fotografía Xan Xe

Francisco Fernández del Riego coincide con Álvaro Cunqueiro no autobús Freire que comunicaba Lourenzá e Mondoñedo con Lugo. O “Freire” tardaba tres horas en percorrer os setenta quilómetros que separan a Mariña da cidade das Murallas, tempo suficiente para una boa parolada. A relación entre Cunqueiro e del Riego manterase durante toda a vida. O feito de que Cunqueiro decidise escribir boa parte da súa obra narrativa en galego, débese en gran medida á insistencia de don Paco cando este estaba á fronte da editorial Galaxia.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora