ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Todo a punto en Perlío para o comezo das festas dos Santos. “So falta que cheguen as orquestras e a xente”, destaca Alba Hermida, presidenta dunha comisión organizadora que este ano tomou o relevo de Jesús Ares, Lito, ao que agradecen o apoio que lles brindou, “axudounos moitísimo”. Agradecemento tamén pola colaboración “a todos os establecementos, máis de cen, e aos veciños e veciñas”.

“Sabíamos que había moito traballo detrás, pero é un esforzo tremendo”, recoñece Alba Hermida. Uns trinta postos e atraccións están instalados no campo da festa de Perlío que comeza esta noite cunha gran verbena á que porán música a Orquestra Olimpus e o Dúo Eclipse. Desde as oito e media da tarde ata as catro e media da madrugada. A banda de gaitas Os Feneses animarán as rúas da parroquia o sábado e o domingo pola mañá cedo. Ás dúas e media pezas do xantar e pola noite verbena coa Orquestra La Ola ADN e o Dúo Veneguay. O programa do domingo inclúe función relixiosa, ás doce, sesión vermú longa co grupo Pasión desde ás dúas e media e festa do neno a partir das cinco da tarde.
A comisión de festas conta coa asistencia de moitísima xente aos festexos e está contenta pola previsión do tempo. A Policía Local anunciou cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento na rúa río Cádavo, San Salvador e Avenida de Tarrío. Desde ás tres desta tarde ata as oito da mañá do luns.
Publica o teu comentario agora