Perlío en festas

Boas festas
20 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xa comezou a instalación das primeiras atraccións que funcionarán durante as festas de Perlío. Do venres 22 ao domingo 24 de maio terán lugar as festas dos Santos das que nos deron detalles Celia de Campos e Irene Martínez, a presidenta e a tesoureira da comisión de festexos.

ESCOITA O PODCAST:

A comisión de festas está formada por catro persoas, tres delas mulleres, que lle levan dedicado moito tempo e esforzos á organización dos festexos. A presidenta da comisión, Celia de Campos, está satisfeita do cartel que inclúe verbena o sábado 23 de maio a cargo da orquestra Panamá. Ese mesmo dia haberá sesión vermú co grupo Dilema. A partir das cinco da tarde a Batucada Badabum Sorpresa percorrerá as rúas de Perlío. A verbena do venres 22 contará coa orquestra Cinema e co dúo Veneguay. O domingo 24, pezas do xantar co grupo Pasión e festa do neno con descontos en todas as atraccións. Irene Martínez ocúpase de facer que cadren as contas. Di que xa comezaron cos preparativos ao acabar as festas de agosto pasado. A comisión agradece a colaboración da veciñanza e de todos os negocios que apoian economicamente a organización dos festexos de Perlío 

Sociedade

Publica o teu comentario agora