ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Antonio Tizón non ten reparos á hora de utilizar nomes reais nas súas novelas. Iso si, logo de facer un gran traballo de documentación sobre os personaxes. Así o podemos comprobar en Lobos doentes.
“En tódalas miñas novelas aparecen nomes reais e nomes ficticios. Ademais, tódolos lugares que teñen nomes reais. Hai moitos escritores que evitan isto para evitar ferir sensibilidades. Nesta novela aparece Francisco Vázquez, Zapatero… Eu o que fago é documentarme sobre os personaxes e metelos cos seus nomes e apelidos reais. De vez en cando me permito algunha invención nos nomes dos bares ou das vilas. Esta mestura de combinar personaxes reais con ficticios dálle verosimilitude á propia obra. Tamén os nomes ficticios todo o mundo que me coñece sabe quen son na realidade e pode que saian malparados e non lles sente moi ben. De feito, cando me decidín a facer esta serie con tanta sinceridade pedín permiso á miña muller”, explica Antonio Tizón no clube de lectura de Radiofusión.
Fotografía Xan Xe.
Publica o teu comentario agora