ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Navantia Fene recibe autorización da Autoridade Portuaria para executar a segunda fase das obras de adaptación das súas instalacións á eólica offshore. Uns traballos que permitirán a adaptación da factoria ao mercado de estruturas de eólica offshore.
O consello de administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao aprobou a modificación non substancial da concesión en Fene para completar as actuacións nas gradas e reorganizar a superficie para gañar espazos no estaleiro. Esta segunda fase das obras complementa á de demolición das gradas en cotas superiores á pleamar que actualmente están en execución. As actuacións desta segunda etapa inclúen completar a demolición das gradas 1 e 2 correspondentes ás zonas de carreira de marea e a reorganización da superficie para gañar espazos en distintas áreas do estaleiro para a eólica mariña. A superficie concesional resultante da reforma das instalacións de Navantia en Fene é de 897.762 metros cadrados, dos que 726.746 son de terra e 171.016 de lámina de auga. En total o incremento da superficie concesional é dun 4,59 %.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora