ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Persoal de Zara da provincia da Coruña concentrouse este martes ás portas da tenda da Praza de Galiza de Compostela para denunciar o que califican como "incumprimento, por parte de Inditex de parte do articulado do convenio de comercio vario". En concreto refírense ao artigo 15, que estabelece que as persoas con contrato a tempo parcial terán dereito preferente a incrementar a súa xornada de traballo fronte á celebración de novas contrataci&oac
Zara estaría obrigada a comunicar as vacantes a todos os traballadores/as de menos de 40 horas e como mínimo non contratar a ninguén a máis horas das que goza o persoal que xa pertence á empresa. Denuncian que o Grupo Inditex (Zara), insiste unha e outra vez en incumprir a legalidade prexudicando así gravemente os dereitos das traballadoras.
Entenden que a empresa pretende seguir priorizando as contratacións “a dedo” vulnerando os dereitos de traballadoras que levan anos desenvolvendo a súa actividade na empresa, con contratos que contemplan remuneracións inferiores a moitos dos novos que se están a asinar.
Consideran que Zara está favorecendo a precariedade laboral, ao manter a parte do seu cadro de persoal en condicións salariais que non permiten sequera chegar a fin de mes. Unha situación que contrasta coa conta de resultados do Grupo Inditex, que acadou en 2010 un beneficio neto de 1.732 millóns de euros, un 32% máis, en plena crise económica; incrementou as vendas un 13% e facturou un total de 12.527 millóns de euros, segundo salienta a CIG nun comunicado.