Persoas voluntarias preparan medicamentos para viaxar a Senegal

Persoas voluntarias preparan medicamentos para viaxar a Senegal

26 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

Un total de 13 persoas voluntarias da ONG Ecodesarrollo Gaia viaxarán do 12 ao 28 de novembro á localidade senegalesa de Yoff-Tonghor para prestar atención médico-sanitaria á súa poboación, indagando as causas e aplicando solucións para mellorar a saúde e a calidade de vida dos habitantes da devandita comunidade.

Trátase do proxecto Coruña Cura, un programa que se integra dentro do plan global de desenvolvemento local sustentable da ONG, a través do cal se aborda a faceta hixiénico-sanitaria desta localidade senegalesa e poténciase a cooperación norte-sur.

O proxecto realízase para a totalidade da poboación de Yoff e sitúase fisicamente no barrio de pescadores pobres de Tonghor. Alí, Ecodesarrollo Gaia conta cunha escola construída pola ONG, que leva o nome de Escola Coruña, e que é onde se aloxan os voluntarios galegos e onde realizan as súas tarefas de atención médica á poboación local.

Nos meses previos á viaxe a Senegal, a ONG e os sanitarios voluntarios realizan unha importante labor de recompilación de medicamentos e material médico necesarios para atender á poboación de Yoff. Ecodesarrollo Gaia conta coa xenerosidade de farmacias e hospitais que doan medicamentos para este proxecto, así como achegas económicas de particulares que facilitan o desenvolvemento do programa.

Este é o décimo ano que Ecodesarrollo Gaia leva a cabo o proxecto Coruña Cura, no cal participarán un total de 13 voluntarios entre os que se atopan oito médicos, duas farmacéuticas e unha enfermeira de diversos lugares de Galicia. O grupo complétano os dous coordinadores da ONG: Cristina López, presidenta de Ecodesarrollo Gaia, e Guillermo Fernández-Obanza, secretario e portavoz da ONG.

A ONG: Ecodesarrollo Gaia

Ecodesarrollo Gaia é unha organización sen ánimo de lucro para o desenvolvemento sustentable nada en 1992, e que debe o seu nome á acepción da palabra grega ?Nai Terra?. Esta ONG se erixe como  organización ponte entre dous grupos humanos: a cidadanía inmigrante e a poboación de acollida.

Neste marco, Ecodesarrollo Gaia axuda á xente inmigrante durante o seu proceso de integración na nova contorna, tendo como obxectivos a paz social para a cidade, a realización satisfactoria dos proxectos migratorios e a conciliación positiva entre os intereses da cidadanía inmigrante e a cidadanía autóctona. Trátase dunha ONG de codesenvolvemento e cooperación internacional integrada maioritariamente por voluntarios e cuxos servizos son gratuítos na súa totalidade.

Coruña Cura únese ao #GivingTuesday

#GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas. O obxectivo é dedicar un día en todo o mundo a celebrar a acción de dar, xa sexan alimentos, diñeiro, tempo, obxectos de segunda man, etc.

Usando o hashtag #GivingTuesday como instrumento para difundir esta idea nas redes sociais, búscase mobilizar a todos os cidadáns, familias, organizacións e empresas para que contribúan neste día mundial da doazón, que este ano se celebra o 29 de novembro.

Neste marco, Ecodesarrollo Gaia lanzou o reto "Sanidade gratuíta, tamén en Senegal" a través do cal se propón lograr 4.000 euros de financiamiento para este proxecto antes do 29 de novembro. Trátase dunha axuda necesaria para garantir a solvencia económica do proxecto e garantir a súa continuidade durante os próximos anos. O reto de Ecodesarrollo Gaia dentro da iniciativa #GivingTuesday pode verse aquí:
givingtuesday.es/projects/sanidade-gratuíta-tambien- en-senegal/.

Sociedade