Pesar polo accidente de Adamuz

Pesar polo accidente de Adamuz
20 de Xaneiro, 2026 - 02:43 h. | Publicada por Radio Fene

Un minuto de silencio no Concello de Fene en lembranza das vítimas do tráxico accidente ferroviario de Adamuz, en Córdoba. A alcaldesa, Sandra Permui, encabezou a concentración silenciosa, na que participaron concelleiros, persoal municipal e veciños e veciñas de Fene. 

 

 

ESCOITA O PODCAST:

Sandra Permui trasladou “o cariño e solidariedade de Fene ante este terrible acciente, ao pobo andaluz e especialmente ás familias das vítimas”. “Desgrazadamente en Galiza sabemos o que é sufrir un accidente destas características, chegará o momento de depurar responsabilidades, pero neste momento temos que ter esa solidariedade co pobo andaluz, estamos con eles e con elas”, engadiu a alcaldesa.

Institucional

Publica o teu comentario agora