A pescada, comida dos pobres

A pescada, comida dos pobres

07 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Antes era a comida dos ricos. Agora vai camiño de convertirse no sustento dos pobres, segundo unha das vendedoras de peixe do mercado de Ferrol. Fala así da pescada que nestes primeiros meses do ano alcanzou un record. O prezo medio do quilo da Merluccius merluccius en xaneiro e febreiro situouse en 2,97 €,o máis barato dos últimos seis anos.

As vendas de pescada no conxunto das lonxas galegas superou os 4 millóns de quilogramos cun importe global de case 11 millóns de euros. Para os pescadores supón unha mala nova porque a caida dos prezos tamén implica un recurte nos seus ingresos. Pero para os consumidores pon o prezado peixe a disposición de calquera mesa.

Seguindo con tónica da caida dos prezos, o quilo de pescada vendeuse a pasada semana na lonxa de Ferrol a 3,24 €. A especie máis abundante foi o polbo (281,60 quilogramos) a 4,17 €. Tamén se vendeu choco (4,31 €) percebe (17,84) raia (2,10) e centola (11,78), segundo informa a Xunta de Galicia na plataforma tecnolóxica Pescagalicia.

Sociedade