Pescanova Crime Perfecto

Pescanova Crime Perfecto

18 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Catro analistas políticos, Xoán Antón Pérez Lema, Domingo Belo Janeiro, Ricardo López Mosteiro e Valentín Carreira, daranse cita hoxe luns 18, a partir das 20 h., no Sporting Casino da Coruña para compartir un coloquio aberto con motivo da presentación do libro "Pescanova Crime Perfecto", de Valentín Carreira.

Trátase da primeira indagación de urxencia no caso Pescanova, cuxos executores comparecen estes días como imputados ante a Audiencia Nacional. Unha estafa á sociedade e a centos de pequenos accionistas e bonistas minoritarios, que depositaron a súa confianza en Sousa, agora procesado por varios delitos económicos e coa fianza máis alta da historia recente.

Sociedade