ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un pasiño cara atrás. O Perlío B pelexou durante todo o partido pero pesou demasiado a lousa dos dous goles encaixados nos primeiros minutos do encontro disputado en Cerdido contra o Cebarca. Toca seguir gañando experiencia e confianza apunta o adestrador, Gonzalo Beceiro.

“Así como a semana anterior un paso cara adiante, onte volvemos un pouco cara atrás cometer erros do pasado”, apunta o técnico do Perlío B ao analizar o partido que rematou 3-0 no marcador. “Comezamos con boas sensacións, o terreo estaba en perfectas condicións, tivemos o erro de non ser agresivos na nosa área e os dous primeiros tiros do equipo rival acaban en gol, lastre pesadísimo”, explica Beceiro.
Publica o teu comentario agora